Continúan a chegar traballos para o concurso Unha imaxe para o galego. Agardamos polas túas fotos e vídeos. Hai premio!
Esta é unha das últimas imaxes que nos chegan para o concurso 'Unha imaxe para o galego'. Un usuario que se fai chamar Jaelitahh envíanos unha fotografía tan aparentemente sinxela como polisémica. Unha alianza entre dúas páxinas con palabras subliñadas.
E ti a que agardas? Até final do mes de xuño podes mandarnos as túas fotos e vídeos sobre a lingua. Agora, máis que nunca, retrata, filma e inmortaliza o noso idioma. Consulta aquí os traballos, as bases e os premios do concurso.