Un equipo de case 200 científicos informa no número do vernes 24 de marzo de Science, do remate da secuencia do xenoma da mosca da froita Drosophila melanogaster. A fazaña é a primeira pedra dunha nova era na investigación xenética. A secuencia foi completada empregando a técnica coñecida como 'shotgun' e co traballo de centos de científicos, técnicos e estudiantes de 20 institucións publicas e privadas de cinco países. Máis información no Canal Ciencia de Vieiros.
.