Convértese no quinto estado en facer oficial a norma escrita común para a lingua portuguesa.
Timor-Leste sumouse ao grupo de estados que ratificaron o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa. Convértese, deste xeito, no quinto da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa en adoptar a normativa unificada, despois de Portugal, Brasil, Cabo Verde e São Tomé e Príncipe.
O Ministerio de Cultura portugués fixo o anuncio esta quinta feira, despois dunha reunión de traballo entre o ministro de Educación de Timor-Leste, João Câncio Freitas, e o de Cultura portugués, José António Pinto Ribeiro.
O Acordo foi asinado en Lisboa o 16 de decembro de 1990 entre Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissay, Mozambique, Portugal e São Tomé e Príncipe. Timor-Leste aderiuse en 2004. Foi elaborado conxuntamente pola Academia das Ciencias de Lisboa, a Academia Brasileira de Letras e representantes dos países africanos de lingua oficial portuguesa para reunificar a ortografía da lingua.