Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
XUNTANZA

A Mesa reclama unha televisión pública que sexa plural e que promova a cultura galega

Carlos Callón transmitiulle ao director xeral da RTVG as queixas de nais e pais por se deixaren de emitir os Teletubbies en galego.

Redacción - 10:00 07/11/2009
Carlos Callón, á saída da xuntanza con Sánchez Izquierdo

Carlos Callón, á saída da xuntanza con Sánchez Izquierdo

"Que se corrixan os pasos atrás". Iso foi o que lle pediu o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística ao director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galiza (CRTVG) na xuntanza mantida este venres. Carlos Callón pediu que "a radio e a televisión públicas sexan críbeis, plurais e que promovan a lingua e a cultura de noso". Ao tempo fixo un chamado á sociedade "para defender os medios públicos con uñas e dentes do desprestixio a que a leva o goberno de Núñez Feijoo".

Os teletubbies, en galego
O presidente da Mesa trasladoulle a Alfonso Sánchez Izquierdo "as numerosas queixas de nais e pais por se deixaren de emitir os Teletubbies en galego". Lamentou que a serie se emita agora en inglés con subtítulos, malia que o público destinatario, menores de tres anos, aínda non saiba ler.

Finalmente pediulle ao director xeral da compañía que respecte a pluralidade nos espazos informativos. Nesa liña, subliñou que a mesa "ve silenciados como nunca os movementos cidadáns en defensa da lingua de Galiza, a pesar do seu nivel de actividade e representatividade". Ademais pediulle que "dea cumprimento ás diferentes medidas aprobadas no Plan Xeral de Normalización da lingua galega".


Ligazóns

5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: reaccións dunha nena ante os Teletubbies en galego

Vídeo 2: os actuais Teletubbies, con subtítulos