Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Catro concertos

Milladoiro, 30 anos de xira

Cando cumpre tres décadas o grupo lembrará os temas clásicos do seu repertorio nas actuacións previstas en Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Redacción - 18:20 11/11/2009

Hai 30 anos que con A Galicia de Maeloc se puña en marcha o grupo máis influínte da historia do folk galego. Despois de tres décadas de éxito dentro e fóra do país, Milladoiro bota a vista atrás e fai un “aceno á nostalxia” para recordar o mellor do seu repertorio na xira “Dende Maeloc”, que os levará a Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Nos concertos incluirán pezas do seu último disco, pero sobre todo temas clásicos recuperados dos 20 álbums editados desde 1979. A xira comeza o 20 de novembro en Vigo, e continuará o 30 deste mes en Lugo, o 19 de decembro en Ourense e o 20 de decembro na Coruña. Nos concertos participarán todos os músicos que pasaron pola banda e continúan en activo, como Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal.

A banda é consciente do papel que xogou na renovación da música tradicional e folk galega das últimas tres décadas. Na presentación da xira, Moncho García amosouse satisfeito por formar parte “do patrimonio de Galiza, como así o considera moita xente” e por “sacar da UVI” a música tradicional galega, á que o grupo vía como un “campo abandonado” cando iniciou a súa carreira. Os membros do grupo tamén expresaron o seu orgullo por “facer país” ao representar a Galiza en lugares como Xapón, Estados Unidos, Canadá e Sudamérica.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: