Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN OUTUBRO

Os viaxeiros apostan por Lavacolla

O aeroporto de Santiago recibiu un 9,2% pasaxeiros máis que hai un ano e converteuse no terceiro cun maior avance do Estado Español.

Redacción - 19:00 11/11/2009

Nun contexto xeral de descenso de viaxeiros, o aeroporto de Santiago de Compostela, Lavacolla, foi o único de entre os galegos que experimentou un incremento. 159.902 persoas optaron por este terminal, un 9,2% máis que no mesmo mes de outubro do ano pasado, segundo os datos difundidos por Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA).

Ademais, Lavacolla situouse como o terceiro aeroporto do Estado Español que rexistrou un maior incremento. Só foi superado, en termos relativos, polos terminais de Reus (un 55,7% máis) e Santander (un 13,5% máis). O contexto xeral do Estado deparou un descenso do 9,3%.

Mentres, tanto Peinador (Vigo) como Alvedro (A Coruña) experimentaron unha caída no número de viaxeiros do 14,8% e do 1% respectivamente. O primeiro contabilizou 90.606 pasaxeiros no pasado mes de outubro e o segundo outros 92.702 viaxeiros.

Finalmente, se falamos de operacións, os tres aeroportos galegos rexistraron un total de 4.428 no pasado mes de outubro, das que 1.635 corresponderon a Lavacolla (un 8,6% menos); 1.389 a Alvedro (un 3,9% menos); e 1.224 a Peinador (un 17,5% menos).


3,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: