Nado en San Cibrao (Cervo), participou activamente la loita antifranquista, no PCE e posteriormente no PCPE.
Dende a súa Mariña natal á comarca da Coruña, de alí á guerra nun bando co que non simpatizaba. A resistencia antifascista colaborando coa guerrilla, o exilio, as responsabilidades dentro de organizacións comunistas, a vida en Cuba. A historia de Francisco Rey Balbís é digna dunha novela. Este histórico militante comunista finou esta semana na Habana.
A pesar de traballar e vivir Cuba en 1962, Rey Balbís sempre mantivo relación co PCE. Marxista-leninista até o final, dende finais dos 60 foi moi crítico cos postulados menos ortodoxos de Santiago Carrillo. En 1984 participa activamente na fundación do Partido Comunista dos Pobos de España, organización á que seguiu vinculado até a morte.
Poden ver aquí unha ampla reseña da súa biografía