Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A FGC, "altamente subvencionada"

580 escopetas para matar 47 raposos

Participantes no 'campionato' de caza realizado en Meaño a pasada fin de semana foron sorprendidos pola Garda Civil violando a lei.

Redacción - 12:45 14/01/2010
Do Estado, só en Galiza se permite

Do Estado, só en Galiza se permite

Algúns dos participantes no 'campionato' provincial de caza ao raposo realizado en Meaño a pasada fin de semana foron sorprendidos pola Garda Civil violando a Lei que regulamenta a actividade cinexética no noso país, en concreto o apartado que protexe a seguridade do resto de usuarios do monte.

Denúnciao o colectivo 'Matar por matar, Non', que asegura que "se unicamente foi sorprendido ese grupo", é porque "o Seprona -o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil- está desbordado e carece de medios, tanto materiais como humanos".

Nun comunicado subscrito por diversas asociacións, consideran "incomprensíbel" que se permita esta actividade "mal denominada deporte". No 'campionato' de Meaño xuntáronse 580 persoas para "matar indiscriminadamente raposos" co pretexto de controlar a poboación deste animal, "co triste resultado de 47 exemplares abatidos e todas as nefastas consecuencias éticas e morais".

"É vergoñoso", prosegue a nota, que nestes certames "non se considere o prexuízo causado ao medio ambiente pola presenza de 580 escopetas para matar medio cento de raposos que despois se exhiben mortos e logo "tíranse ao lixo".

"Avultadas subvencións públicas" á FGC
Ademais, consideran que "non é de recibo" que a Federación Galega de Caza (FGC), como organizadora destes eventos, reciba "avultadas subvencións públicas, a última de 170 mil euros por parte da Consellaría de Medio Rural, mentres os nosos montes padecen un estado de abandono deplorábel".

Cómpre lembrar que estes 'campionatos' só se realizan en Galiza, algo que para os colectivos asinantes mostra "o desprezo polo territorio galego por parte da FGC e dos que os autorizan". "Non ocorre nada similar nas demais comunidades, onde non se permiten tales prácticas", finaliza a nota.

Protestas desde este sábado
Por outra banda, este sábado están previstas varias protestas contra o 'campionato galego de caza de raposo', que está programado nos montes da Cañiza. Tamén o sábado 30 de xaneiro haberá mobilizacións contra o 'campionato estatal' desta mesma 'modalidade', en Portomarín.


5/5 (19 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: