Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CORUÑA

Mulleres, espello de culturas

Unha mostra etnográfica cedida polo Museo Etnolóxico de Múnic reflicte o rol feminino en diferentes xeografías e épocas.

Redacción - 12:14 04/02/2010

A identidade da muller dentro do grupo, a súa capacidade de decidir sobre o seu propio destino ou a idealización da beleza feminina. Estes son algúns dos temas para a reflexión que ofrece unha exposición que xa se pode visitar no Kiosko Alfonso, na Coruña: Mulleres, espello de culturas.

A mostra fai un percorrido do universo feminino a través dunha selección de 135 pezas de todo o mundo, cedidas polo Museo Etnolóxico de Múnic, que adquiren nova vida como testemuños das mulleres que un día foron as súas usuarias. A colección procede de sete culturas de África, Asia e da Amércia Amazónica e Septentrional e divídese en tres ámbitos: a familia, o papel da muller na sociedade e a divinidade feminina.

Organizada pola Concellería de Cultura da Coruña e a Fundación La Caixa, pódese visitar até o vindeiro 4 de abril.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Myanmar, sur dos Estados de Shan, Myinmati
Myanmar, sur dos Estados de Shan, Myinmati
Alaska, c. 1920. Foto: Edward S. Curtis
Alaska, c. 1920. Foto: Edward S. Curtis