Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Academia Galega do Audiovisual

'Celda 211' e 'Matalobos', favoritos para os oitavos Mestre Mateo

O filme e a serie, con 15 e 10 candidaturas, respectivamente, encabezan unha lista de 27 premios que se entregarán o 15 de abril en Narón.

Redacción - 17:05 12/03/2010

Este venres fixéronse públicos os finalistas da oitava edición dos Premios Mestre Mateo. O encargado de dar a coñecer a listaxe foi o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira, 'Pico', acompañado da xerente, Mara González, e mais o asesor xurídico, Miguel Lorenzo.

En total, concorreron 101 obras e 439 profesionais. A categoría máis demandada foi a de Curtametraxe de Ficción, con 24 candidaturas, seguida de Programa de Televisión, con 15.

A obra que opta a máis premios é Celda 211, de Vaca Films, con 15, seguida da serie televisiva Matalobos, de Voz Audiovisual, que é candidata a 10 galardóns. A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o 15 de abril no Pazo da Cultura de Narón.

A lista completa de finalistas das 27 categorías pódese consultar na web da Academia.


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Celda 211' opta a mellor longametraxe e Luís Tosar a mellor protagonista masculino
'Celda 211' opta a mellor longametraxe e Luís Tosar a mellor protagonista masculino