Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APROBADO POR UNANIMIDADE

O Concello de Ferrol súmase á compra pública responsábel

Despois de Ribadeo e Boiro, convértese na primeira das grandes cidades en asumir a iniciativa proposta por Verdegaia e Amarante.

Redacción - 12:40 11/06/2010

Entre o 16 e o 18% do PIB da Unión Europea é gasto público. Que estes cartos, sufragados en primeira instancia pola cidadanía, sexan ben administrados social e ambientalmente é o obxectivo dunha campaña que lideran en Galiza os colectivos Amarante e Verdegaia. O Concello de Ferrol foi o último en aprobar a iniciativa nunha moción que recibiu o apoio de todos os grupos municipais no último pleno celebrado esta semana. Seguiu así os pasos de Ribadeo (outubro de 2009) e Boiro (xaneiro de 2010), que xa fixeran a súa aposta polo gasto responsábel.

A proposta parte da idea de que a compra pública pode ser unha ferramenta de transformación social moi importante: "supón mercar e contratar só o necesario e facelo ademais seguindo criterios éticos, sociais e ambientais; respecto das convencións da Organización Internacional de Traballadores, os dereitos humanos e laborais e os principios do comercio xusto; dar prioridade á economía social e a procura da máxima sustentabilidade ambiental". Co visto bo a esta moción, Ferrol comprométese a integrar estes principios nas súas compras e contratacións, a formar ao seu persoal administrativo nesa liña e a participar da futura Rede Galega de Compra Pública Responsábel.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: