Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CORUÑA

Mellor descontroladas que institucionalizadas

A rede xa acolle un bo número de imaxes e vídeos da manifestación lúdica que na fin de semana reivindicou a liberdade sexual.

Redacción - 11:40 29/06/2010

“Menos sotanas e máis lesbianas!”. “Menos procesións e máis maricóns!”. “Un mundo machista non hai quen o resista!”. Con proclamas coma esta celebrouse a pasada fin de semana a manifestación coa que Maribolheras Precárias celebrou o Día do Orgullo Gai polas rúas da Coruña. As fotografías e as montaxes audiovisuais desta cita lúdica e reivindicativa xa están na rede, ofrecendo imaxes desta manifestación contra o machismo imperante na sociedade e a prol da liberdade sexual.

Baixo o lema “Mellor descontroladas que institucionalizadas”, esta marcha na que participaron ducias de persoas denunciou tamén a “crecente institucionalización e despolitización” de parte do movemento LGTB, así como a instrumentación de diferentes colectivos como 7 Cores (PSOE) ou Colega-Galicia (PP), ós que acusan de baleirar de contido transgresor a mensaxe de liberación sexual. “A filosofía imperante, froito do pensamento único, racha con toda a tradición teórica e política do movemento”, din as Maribolheras, quen fai un chamado a “fortalecer máis que nunca as nosas redes e denunciarmos toda a utilización con intereses partidistas do movemento LGBT”.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: