Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

'Colle e sulfata, ata e poda que non mata'

Saen do forno os últimos ghits chegados antes de pechar o concurso. A Amiga Fea envíanos a peza 'Amorío no estío'.

Redacción - 10:05 30/06/2010

"En todo grupo hai unha amiga guapa mais agora... é quenda da amiga fea! A Amiga Fea son Amiga E e Amiga V". Así se presentan A Amiga Fea. Chegada á nosa caixa de correo a pasada semana antes de pechar o prazo de recepción de ghits, esta canción "fala da historia de sempre: moza coñece guiri en Mallorca, namórase, vólvese tola e marcha vivir con el. Pero cando veñen de vacacións a Galicia, ¡non todo é como el esperaba!".





Letra:

Amorío no Estío


Fíxome as beiras o verán pasado en
Mallorca
un guiri ben parecido, alto e fornido

púxenme tola e agora vivo entre vikingos

Mais meu neno, toca visita á miña terra


Terra de bruxas, sapos e curuxas

Santa Compaña, perigo na encrucillada
colle e sulfata, ata e poda que non mata
agarra os machos que aínda has de muxi-la vaca

O meu coitado devecía por praia e festa

e no seu canto topou sacho e feixes de herba
vellas que espreitan polas fiestras, di ¡que lle molestan!

Mais miña xoia, quen ten cu ten medo


Caldo con verzas, grelos e cereixas

vai buscar leña que hai que prende-la lareira
cara queimada, calcetín e sandalia
con esa pinta non vas levar mariscada

Ana Kiro e Pili Pampín na portada dun magacín

Rosalía e Castelao falan e falan e non dan calado
Mari Castaña e Pedro Madruga a eses dous nin dios os axuda
Atilano e Xabarín xa podedes liscar de aquí

Terra de bruxas, sapos e curuxas

Santa Compaña, perigo na encrucillada
colle e sulfata, ata e poda que non mata
agarra os machos que aínda has de muxi-la vaca


Máis en A Polo Ghit 2010


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: