Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

'Camiñando pola leira, agharrado ao meu fouciño'

Desde Bandeira chega a última peza a concurso, 'Meu pai', unha proposta do grupo 'Tu mujer nos engaña'.

Redacción - 10:25 02/07/2010

Da terra do Bandeirarock, do acubillo de Lolo Arincon, dos autores do Festa na aldea que animou a mover as canelas no Cantalingua, chega a peza 'Meu pai'. Eles son Tu mujer nos engaña, e mallan nos instrumentos polo lugar do Deza "cun feixe de pezas, dispostos a facer bailar a toda a xente alá onde sexan reclamados". Iso si, advirten, sempre que lles dean de comer abondo "e de beber bo viño, a poder ser do país". Con eses gastronómicos requirimentos "a festa está asegurada".

A enjañadora é:
Andy: Voz
E os enjañados son:
Iago – Batera
Oskar – Baixo
Lolo – Guitarra





Letra:
Meu pai
cada vez que vou pasiño a pasiño
camiñando pola leira, ajarrado ao meu fouciño
bérrame o meu pai, onde vas bandido?
Cada vez que vou andando paseniño
cun pitillo na orella e o meu cartón de viño

bérrame o meu pai, onde vas bandido?

Non deixa que ande con mulleres, nin vaia de troula
e nunca me dá cartos e ando á miñoca
cada vez que vou xogar co meu viciño
polas rúas da aldea ou á beira do río

bérrame o meu pai, onde vas bandido?
Cada vez que imos de festa tódolos amigos
poño o meu traxe novo, o da misa dos domingos
bérrame o meu pai, onde vas bandido?

Non deixa que ande con mulleres, nin vaia de troula
e nunca me dá cartos e ando á miñoca


Máis en A Polo Ghit 2010.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: