O voceiro do BNG salienta a "aposta polo autogoberno" e pola "firmeza diante do goberno estatal" na reclamación das transferencias pendentes.
Moi crítico coa intervención de Touriño, o líder do PPdeG cualificou o discurso do presidente de texto cheo de "imaxinación e lixeireza".
Tripla oferta do presidente da Xunta para o consenso dos grupos parlamentarios, incluído o reproche ao PPdeG por rachar o acordo arredor da lingua.
Aumentar en máis dun 50% a utilización do transporte público e reducir as tarifas en máis dun 40% será obxectivo da Xunta até a fin da lexislatura. Ademais, a Xunta pediralle a Fomento a creación dun servizo ferroviario de proximidade.
Entre outros, o presidente da Xunta avanzou a próxima presentación da lei que revisará o funcionamento da CRTVG, a supresión do imposto de sucesións e doazóns, a atención bucodental de balde até os 14 anos, estabelecemento dun canon aos encoros e redución até o 40% das taxas do transporte público.