Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incidentes en Belgrado

Os gobernos serbio e ruso piden que non haxa máis violencia "polo ben de Serbia"

A UE e EUA exixen que se garanta a seguridade das embaixadas. Rusia di que impedirá que as forzas da OTAN en Cosova se metan na política.

Redacción - 18:07 22/02/2008
Un home na vila albano-cosovar de Kmetovce, coa palabra 'Serbia' en serbio ao fondo

Un home na vila albano-cosovar de Kmetovce, coa palabra 'Serbia' en serbio ao fondo

O ministro de Exteriores de Rusia, Serguei Lavrov, comunicoulle este venres ao goberno de Serbia que os sucesos de Belgrado desta quinta feira exercen un impacto negativo nos esforzos de ambos os países por solucionar o problema de Cosova, informou o departamento.

Estados Unidos cualificou de "intolerábel" o asalto que sufriu a súa embaixada, e a UE exixiulle ao goberno serbio que se esforce por protexelas, á vez que advertiu de consecuencias de cara a súa posíbel adhesión.

O primeiro ministro de Serbia, Vojislav Kostunica, tamén lles pediu aos seus concidadáns que evitasen os actos de violencia, xa que poderían resultar "prexudiciais para a loita polos intereses nacionais".

"Os que apoian o falso Estado de Cosova alédanse ao ver as manifestacións de violencia en Belgrado. Vólvolles pedir a todos os cidadáns que eviten o mínimo incidente, en aras de Serbia", declarou Kostunica este venres nunha alocución ao pobo.

Advertencia de Rusia á OTAN
Por outra banda, o embaixador ruso na OTAN, Dmitri Rogozin, pediulle á Alianza que evitase que as forzas despregadas en Cosova, a KFOR, se inmiscise na política e manteñan "unha postura de neutralidade e non inxerencia nos asuntos internos", ou do contrario a polémica poderíase volver "bastante dramática".

"Non haberá unha guerra, mais tampouco profunda comprensión recíproca ou avance noutros proxectos, porque existe un conflito ideolóxico", sinalou.

"Parécenos moi negativa a noticia alarmante que, desde logo, debe ser comprobada aínda, de que algúns militares e xefes da Alianza expuxeron a posibilidade de impedir o acceso de dirixentes serbios ao territorio de Cosova. É algo que non está previsto no seu mandato", advertiu Rogozin.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: