Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

Álvaro Pino recoñece que "o equipo podería facer máis"

O director deportivo do Xacobeo Galicia confía en que mellore o rendemento do plantel nas próximas etapas da Vuelta.

Redacción - 13:00 31/08/2008
O equipo, no momento da saída na primeira etapa

O equipo, no momento da saída na primeira etapa

Álvaro Pino e os ciclistas do Xacobeo Galicia fixeron unha valoración positiva da primeira etapa da Volta Ciclista a España, que partiu de Granada cunha contrarreloxo por equipos. O tempo perdido, 21 segundos co gañador e 13 co segundo clasificado, non lles parece significativo, aínda que consideran que o equipo podería facer máis en condicións favorábeis.

O director deportivo dá por bo o desenlace: "Todo estivo dentro da normalidade. Agás con Liquigas, que gañou, cos demais estivemos en diferenzas de trece segundos para abaixo, que me parecen moi aceptábeis. O que me dá un pouco de rabia é que Ezequiel Mosquera se cortase un pouco na chegada por falta de entendemento e perdese tres segundos con respecto aos seus compañeiros".

Tamén valorou o feito de que "tivemos un cambio de patrocinador e isto obrigounos a atender tamén outras cuestións de carácter promocional que, sumado á viaxe, non nos permitiu adestrar do mellor xeito durante varios días. Pero a Volta non fixo máis que empezar e cando chegue o terreo de Ezequiel vai estar aí cos mellores".A segunda etapa da carreira transcorre entre Granada e Xaén, cun total de 176,3 quilómetros, oito máis dos previstos inicialmente, debido a cambios no percorrido.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: