Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CHEGARÁN á capital do país o DÍA 18

O Xacobeo marcha de peregrinación

O equipo ciclista inicia este mércores unha viaxe que os levará dos Pirineos até Compostela, en nove días.

Redacción - 18:20 09/12/2008
Aproveitouse o acto para presentar os novos coches do equipo

Aproveitouse o acto para presentar os novos coches do equipo

O equipo ciclista Xacobeo Galicia comeza este venres unha peregrinación que os levará dende a localidade francesa de S. Jean de Pied de Port até Compostela, camiño que se dividirá en nove etapas. Nestas xornadas percorrerase unha distancia media de 85 quilómetros ao día, o que supón entre cinco e seis horas enriba da bicicleta. Na viaxe causarán baixa Gonzalo Rabuñal, Alberto Fernández e David Herrero por problemas físicos; ademais de Eduard Vorganov, que debeu desprazarse a Rusia por cuestións familiares.

Alén do evidente vencello que a entidade adquire co Camiño de Santiago mediante o seu patrocinio, estas xornadas son idóneas para dar un paso máis na primeira fase da preparación do equipo. Dende a dirección considérase importante que os corredores pasen tempo xuntos e partillen contos, xa que a esixencia do calendario vai facer difícil que se podan xuntar todos durante o ano. O outro aspecto importante é a mellora no apartado físico, que Pino quere acadar dun xeito gradual, sen forzar as musculaturas aínda agarrotados dos seus ciclistas. Este é o motivo polo que a nova aventura do equipo galego se dividiu en nove etapas cómodas no que se refire ás distancias, mais non a nivel climático, xa que se está previsto que a lama e a neve sexan abundantes en diferentes puntos do camiño.

Presentáronse os novos coches
O anuncio das etapas de peregrinación fíxose na mañá deste martes, nas instalacións da firma automobilística Compostela Móbil. Así, aproveitouse para presentar os coches que Toyota cederá ao Xacobeo durante a temporada 2009. No acto estiveron a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o director do Xacobeo, Álvaro Pino; os ciclistas Ezequiel Mosquera e Iván Raña; xunto con José Cortegoso e Francisco Pérez, que representaban á firma automobilística.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: