Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
INSCRICIÓN ATÉ O 3 DE ABRIL

Nova camiñada con acento galego pola xeografía catalá

O Centro Galego organiza unha nova excursión para o mes de abril, desta vez pola Serra dels Bufadors, o vindeiro 5 de abril.

Dolores do Pazo - 19:20 29/03/2009

Centro Galego de Barcelona 

Camiñada pola Serra de Bufadors


Domingo, 5 de abril.


FITXA DA ACTIVIDADE

Organiza: Dolores Dopazo

Guía: Xosé Carlos Conde

Data: domingo 5 de abril

Percorrido: dende La Farga de Bebié iremos á Serra dels Bufadors (Sopradeiros), onde se produce un estraño fenómeno natural: hai uns buratos por onde sopra un vento fresco que non se sabe de onde vén e, nalgunhas ocasións, escóitase o son deste vento. O lugar impresiona: debaixo dunha falla na roca prodúcese un microclima moi húmido con exuberante vexetación. Despois iremos pola crista da serra con grandes vistas ao sur e ao castelo de Bessora e acabada a serra iniciaremos un percorrido que nos levará ata Sant Quirze de Bessora pasando polo castelo de Montesquiu.

Lonxitude: 16 km.

Saída: ás 7.45h debedes estar todos na porta da estación da Renfe de Sant Andreu Arenal (Fabra i Puig).

Volta: colleremos o tren de volta para BCN en Sant Quirze de Besora as 18.10 horas con chegada a BCN ás 19.35 horas.

Desnivel: Arredor de 500m de subida e 550m de baixada acumulados.

Nivel de dificultade: media.

Ritmo: medio. Apta para persoas acostumadas a camiñar.

Inscrición: Ata o 3 de abril no Centro Galego (telf. 933012892)/info@cgb.cat. Deixade datos persoais e teléfono de contacto para avisos.

Prezo: gratuíta

Requisitos mínimos para participar :
- Almorzar ben na casa. - Traer botas de montaña ou calzado de camiñada - Roupa cómoda e lixeira e gorro para a cabeza. - Botella de auga, froita, bocadillo e algúns froitos secos. - Mochila pouco pesada. - Se o tedes, bastón de camiñar. - Chuvasqueiro ou capelina.

PUNTUALIDADE:
Non se agardará por ninguén que ás 7.45 h non estea na porta da estación da Renfe de Sant Andreu Arenal (metro Fabra i Puig)


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: