Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
15 anos do inicio do xenocidio en Ruanda

"As tropas da ONU estaban para nos protexer, mais fuxiron covardemente"

O presidente Paul Kagame critica duramente a actuación da comunidade internacional durante as matanzas de 1994.

Redacción - 12:00 08/04/2009
Kagame e a súa esposa, este martes

Kagame e a súa esposa, este martes

O presidente de Ruanda, Paul Kagame, criticou duramente a actuación da comunidade internacional durante e despois do xenocidio no seu país, do que se conmemoran esta semana 15 anos do seu inicio.

Nunha cerimonia en Kigali, a capital, Kagame afirmou que o seu pobo fora abandonado: "As tropas de pacificación da ONU estaban aquí para nos protexer, mais fuxiron covardemente mesmo antes de se disparar un só tiro". "Deixaron que foran asasinados. Logo, non son culpábeis?", dixo.

Ademais, durante a cerimonia en que participaron unhas 20 mil persoas, o presidente ruandés recordou que a comunidade internacional continúa sen facer nada para castigar os responsábeis das matanzas, os Interahamwe, que causaron a morte de perto dun millón de persoas, a maioría tutsis e hutus moderados.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: