O secretario xeral de Política Lingüística dixo que o novo organismo coordinará os programas de promoción do idioma postos en marcha polos concellos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou a súa intención de poñer en marcha unha rede de dinamización local lingüística local. O seu cometido sería coordinar programas e liñas de actuación conxuntas, a nivel municipal, para conseguir mellor eficacia e difusión das actividades de fomento da lingua que efectúan os concellos.
Nesa rede, explicou Lorenzo, as deputacións terá un papel importante. Ademais, o secretario xeral anunciou que o venres conmemorarase o 25 aniversario da Declaración do Hostal para a defensa e a promoción do galego nas corporacións locais. No acto, en que se renovará ese compromiso, participará a Fegamp.
Anxo Lorenzo fixo o anuncio durante unha xuntanza co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para renovar o compromiso das dúas institucións a prol da lingua. Tamén se analizaron posíbeis actividades conxuntas entre as dúas administracións.